Sunday 08 de September de 2024

 O BNG de Oleiros preguntará no pleno de xullo se o Concello  vai acudir á convocatoria aberta para a dotación da atención temperá ás crianzas


No BNG achamos  que debe sustentarse o 100% dos gastos con achegas para non deixar o custe a cargo dos concellos

A materia da ATENCIÓN TEMPERÁ vén dunha proposición non de lei defendida polo do BNG no ano 2021  que acadou acordo unánime para instar á Xunta a “reforzar e ampliar a rede galega de atención tempera, dotándoa dos recursos necesarios co obxectivo de que todos os nenos e nenas de até 6 anos con trastornos no seu desenvolvemento poidan recibir as terapias que precisen. Para tal fin ,este fortalecemento da rede galega de atención tempera deberá estar debidamente orzamentado e calendarizado”.

Recentemente convocáronse axudas para consolidar e seguir a extender a Rede galega dea atención temperá, servizo para dar resposta “ás necesidades das crianzas de até 6 anos con problemas de desenvolvemento ou risco de padecelos”

O Decreto 99/2012 regula os Servizos sociais comunitarios e a súa financiación. Diferenza os dous niveis (básico e específicos) dos ditos servizos, así como a competencia e obrigatoriedade municipal de prestar os básicos (artigos 28 e 29). No artigo 26 detalla algúns dos posíbeis servizos de carácter específico, dentro dos que se atopa a atención temperá. E nos artigos 30 e seguintes, o financiamento dos servizos e o reparto de responsabilidades entre as distintas administracións públicas (principalmente os concellos, deputacións e xunta).

A posta en marcha deste decreto conta con numerosas eivas, e traslada aos concellos competencias moitas veces inasumíbeis polo seu custo económico, ou polas restricións á hora das contratacións de persoal impostas tras a modificación da constitución, a instancias das autoridades europeas. Iso deu lugar a fórmulas que poñen en marcha servizos precarios con vías de financiamento tamén precarias (subvencións anuais, principalmente). Cremos que deben sustentarse 100% con achegas da non deixar a cargo dos concellos que asuman o custe.

Así e todo, moitos concellos puxeron en marcha servizos de atención temperá, dentro da estrutura dos servizos sociais comunitarios, e acceden a esta vía de financiamento. Non é o caso do Concello de Oleiros, que mesmo impediu tratar este tema no pleno municipal do mes de xuño, a instancia dunha moción presentada polo PSOE. O certo é que as familias que precisan deste servizo só poden acceder a el dende a oferta privada ou dende a escasa oferta pública a través do SERGAS.

Dende o BNG de Oleiros imos preguntar pola postura do goberno municipal neste tema e, se é o caso, confirmar se van acudir á convocatoria aberta para a dotación destes servizos a través dos servizos sociais comunitarios.

Tamén queremos subliñar que dende o BNG sempre se demandou á Administración autonómica a urxencia de ampliar a idade, como  mínimo até os 12 xa que moitos dos nenos e nenas con trastorno non rematan a súa atención e tratamento aos 6 anos e quen ten cartos pode seguir pagando pero hai moitas familias ás que lles resulta imposible continuar con esta atención.